O proxecto
Obxectivos principais
Produción final
Proceso
3º ESO
1º BAC
Criterios de avaliación fundamentais
Material
Tempo
- 1. Recuperar e pór en valor o labor d@s nos@s autor@s do séc. XIX.
- 2. Actualizar a poesía do XIX relacionándoa cos conflitos sociais actuais.
- 3. Vincular a poesía e a música a través de versión musicais de textos do XIX ou de composicións actuais que puideran servir de acompañamento a poemas do Rexurdimento.
Produción final
- Recreación ilustrada dun poema social do Rexurdimento en conexión coas novas de actualidade.
- O produto artístico final será un videopoema, no que a poesía do XIX e a música do XXI serán reunidas sobre imaxes dun conflito social actual.
Proceso
3º ESO
- 1. Distinción entre poemas musicados e letras de cancións actuais.
- 2. Procura no contexto biográfico e social das claves da denuncia de textos do XIX.
- 3. Ilustración global de distintos poemas de acordo co tema.
- 4. Escolla de versos para imaxes da actualidade dadas.
- 5. Reescrita dun texto do Rexurdimento a partir de conexións sociais.
- 6. Planificación dun videopoema.
- 7. Composición do videopoema.
1º BAC
- 1. Reflexión inicial.
- 2. Escolla dun poema do s. XIX e identificación da denuncia social.
- 3. Busca dun conflito social actual co que reescribir a poesía e mais de imaxes relacionadas.
- 4. Musicación do poema: selección dunha peza acorde coa temática como apoio ás imaxes e os versos.
- 5. Composición do videopoema fusionando as partes.
Criterios de avaliación fundamentais
- - Identifica e contextualiza textos cívicos do Rexurdimento.
- - Conecta conflitos sociais a partir dos textos literarios e da prensa.
- - Escribe reactualizando as formas decimonónicas.
- - Escolma con criterio materiais audiovisuais.
- - Relaciona o texto poético, as preocupacións sociais actuais, as imaxes da prensa e a música.
- - Compón con creatividade e orixinalidade.
Material
- - Poemas de temática social do s. XIX
- - Cancións de hoxe en día.
- - Imaxes da prensa e as redes sociais.
Tempo
- Sobre 8 sesións.
0 comentarios: